Fronte ó colapso...

Non son moi aficionada a publicar as cousas que ando pensando mais paréceme interesante falar do que esta ocorrendo co virus e a cuarentena. Tendo en conta o pánico e histeria social que estalou cando se iniciaron as medidas contra o virus estiven pensando a cerca de como sería a reacción da poboación ante un colapso real do sistema no que vivimos.
Estes días paseando pola miña aldea quedei bastante sorprendida ao atopar con xente que non vera na vida, moitas casas que están pechadas a cal e canto todo o ano están de repente habitadas e é que moita xente da cidade, incluso de Madrid, escapou cara zonas menos poboadas como pode ser o rural galego.
A xente volveuse tola e desabasteceu supermercados buscando facerse coa maior cantidade de suministros posibles asi que non me quero imaxinar se ocorre unha catástrofe climática ou se finalmente remata a vida dos combustibles fósiles. Ademais de súpeto atopamos cun montón de tempo morto, especialmete as persoas que viven en pisos que ao non poder case saír á rúa e non ir a traballar ou estudar desespéranse entre as catro paredes, con isto quero dicir que por saber non sabemos nin aburrirnos, ao estar acostumados a un ritmo de vida frenético, rodeados de estímulos por todas partes.
Como actuaría a xente fronte un colapso real? Se realmente esto sucedera habería que mudar por completo os nosos ritmos de vida, non chegaría con arrasar co supermercado máis cercano.


Atopei esta imaxe por redes (Miguel Brieva) e paréceme que reflexa algunhas ideas interesantes.
Tamén vos comparto este enlace https://www.15-15-15.org/webzine/2020/03/14/las-lecciones-que-puede-dar-el-coronavirus-a-la-especie-humana/ que explica todo moi ben;))))

Comentarios

  1. Vai saindo a moza intelixente e marabillosa que andivo de incógnito todo o curso.. Moi atinada a tua reflexion..

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sempre anda por aí ainda que non o pareza... terei que dar máis a lata que o tema da para profundizar :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares