Ao compás_videoarte

Estiven unha chea de días dándolle voltas a que facer para este vídeo, ao comezo ia tirar por un videopoema pero despois de repasarme os libros de poemas que andaban pola casa ningún me convencía ou sentía que era moi complicado de facer, mesmo pensei en facerlle un vídeo a algo que escribira eu pero tampouco me motivaba moito.
Falando ca miña amiga Esther, quen toca o chelo e o piano, convencina para que me pasase unha peza composta por ela e intentei ilustrala con imaxes. Non sei se ao final conseguín o esperado pois descubrín que darlle vídeo á música non é tarefa sinxela mais aqui vos deixo o meu videoarte.


Comentarios

Entradas populares